Venres. 26.04.2024
El tiempo

Estudantes de Carballo e de A Coruña percorre a ruta Pondaliana Val Nativo

Estudantes de Carballo e de A Coruña percorre a ruta Pondaliana Val Nativo
ies-parga-pondal O pasado venres, un total de 48 estudantes do IES Isidro Parga Pondal de Carballo visitaron os puntos máis emblemáticos de Ponteceso Coa chegada do bo tempo, veñen tamén as leccións fóra das aulas. Nesta ocasión, foi o turno de estudantes de Carballo e A Coruña que se achegaron ata Ponteceso. A Ruta Pondaliana Val Nativo, promovida pola Concellería de Turismo de Ponteceso no marco do programa “Ponteceso. Os Camiños do Mar”, está a ser unha das máis visitadas do noso municipio polos escolares de diferentes centros educativos da provincia coa finalidade de coñecer de preto e interpretar o entorno natural e paisaxístico que inspirou a obra poética de Eduardo Pondal así como gozar dunha das contornas de maior riqueza natural da Costa da Morte. ies-plurilingue-fogar-santa-margarida Un grupo de 85 alumnas e alumnas do CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida da Coruña visiaron a zona o pasado xoves O pasado xoves, un grupo de 85 alumnos e alumnas de 2º da ESO do CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida da Coruña, acompañados/as por profesorado das áreas de Galego, Educación física, Historia e Ciencias da Natureza, realizaron a ruta de sendeirismo PR-G 148 ata a praia de Balarés, onde fixeron parada para xantar e gozar das vistas e do areal. Así mesmo,  o venres foi a quenda de 48 alumnos/as de 1º de bacharelato do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, que se achegaron ata o noso municipio para visitar paraxes coma o Malecón do Couto, a fervenza da Princesa Moura Encantada, o Monte Branco, o Monte do Faro e a Fundación Eduardo Pondal. Ademais, durante o percorrido, que realizaron en compañía do dinamizador turístico municipal, Javier Couto, o alumnado participou activamente lendo poesías do noso bardo máis ilustre e cantando o Himno Galego no alto do Monte Branco. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios