Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A fada Rouriz amadriña a campaña de Nadal do comercio local de Ponteceso

AS FADAS DE PONDAL
A fada Rouriz amadriña a campaña de Nadal do comercio local de Ponteceso

Xa están listas, despois de moito colocar e preparar, as bolsas e os rascas da singular campaña de promoción do comercio local "as Fadas de Pondal".  E tamén está lista a fada Rouriz de Eduardo Pondal, que serña a madriña deste Nadal no comercio local do Concello de Ponteceso.

A protagonista do Poema 26 do escritor pontecesán é o personaxe elixido para dar concreción nesta campaña de Nadal á iniciativa ‘As fadas de Pondal voando libres polo
comercio local’. Trátase dunha proposta permanente coa que o executivo de Ponteceso pretende dotar de personalidade aos máis de 50 establecementos económicos do municipio e potenciar o desenvolvemento económico.

A feiticeira chegará ao pequeno comercio con boletos de ‘rasca e gaña’ para fomentar o consumo na localidade nestes días previos á Noiteboa. Os locais regalarán aos seus clientes boletos coas compras. Uns boletos que, despois de rascar, poderán conter diferentes premios como camisetas, bolsos de tea ou libretas decorados coas fadas de Pondal. A maiores, os clientes con boletos non premiados entrarán igualmente nun sorteo para gañar suadoiros.

“Non é preciso acudir ás plataformas online ou ás grandes superficies para mercar agasallos. En Ponteceso dispoñemos dunha grande variedade de comercios con oferta de todo tipo e de alta calidade, coa garantía da proximidade. E ademais, agora, mercar no concello ten premio”, sinala o alcalde, José Manuel Mato.

Comentarios