Venres. 29.03.2024
El tiempo

Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar

Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar
Por causas que se descoñecen, o coche saiuse da vía á altura de Agualada Por causas que se descoñecen, o coche saiuse da vía á altura de Agualada Triste xornada para a Costa da Morte e máis concretamente para as parroquias de San Cremenzo de Pazos, en Zas e de Corme, Ponteceso. Aquí ten as súas orixes Paula Sueiro Rodríguez, unha das recanteiras do programa Luar, que faleceu esta tarde tras empotrarse o coche no que viaxaba contra un poste da luz á altura de Agualada, en Coristanco. Os equipos de emerxencias tiveron que excarcerar á ocupante do vehículo Os equipos de emerxencias tiveron que excarcerar á ocupante do vehículo Tras sufrir o accidente de tráfico, por causas que se descoñecen, a rapaza de 20 anos de idade quedou atrapada no interior do vehículo, un Volkswagen Polo. Así o explicou o particular que alertou ao CAE 112 Galicia ao fío das 16:30 horas de hoxe. Paula Sueiro viaxaba en dirección A Coruña-Agualada, polo que o sinistro causou algunha retención na marxe esquerda da AC-552. O accidente provocou retencións no marxe esquerdo da AC-552 O accidente provocou retencións na marxe esquerda da AC-552 Membros  de Protección Civil de Coristanco, efectivos do GES de Ponteceso, Bombeiros de Carballo, axentes da Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia medicalizada desprazáronse ata o lugar dos feitos que non puideron facer nada para salvarlle a súa vida.   Paula Sueiro é unha das recanteiras do programa Luar Paula Sueiro representa á Costa da Morte no concurso dos Recanteiros do Luar   Paula Sueiro representaba á comarca da Costa da Morte no concurso dos "Recanteiros" do programa Luar. Foron varios os lugares da zona os elixidos pola recanteira para grabar o vídeo de presentación. [fbvideo link="https://www.facebook.com/luartvg/videos/1164449053584348/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]   Fonte  

Comentarios