domingo. 08.12.2024
El tiempo

Feminismo en pé conciencia nas aulas e nas rúas

obradoiros 25N centros ensino
Feminismo en pé conciencia nas aulas e nas rúas

Co gallo da conmemoración do 25N, durante a pasada semana, Feminismo en Pé impartiu obradoiros de pancartas nos centros de secundaria da comarca. O obxectivo é sensibilizar á mocidade sobre esta enfermidade social que é violencia machista, tratando de fomentar o respecto, a igualdade e o feminismo. 

"Persuadidas de que en lugares pequenos e coa xente pequena (a máis receptiva) temos o poder de trocar o devir da historia, apostamos pola educación como chave para cambiar o mundo. Queremos que a nosa mocidade sinta e respalde o “Basta xa” que entoaremos este 25N", sinalan dende o colectivo.

Agradecen a colaboración do profesorado e a boa acollida do alumnado participante nos obradoiros.

Feminismo en Pé lerá o manifesto ás 13h de mañá na praza do recheo de Ponteceso. Nomeará ás 92 mulleres asasinadas no que vai de ano, lembrándoas nunha instalación de zapatos vermellos.
Está previsto que todos os concellos fagan concentracións este 25N ás 13h.

mulleres asasinadas

Citas do 25N

Comentarios