Feminismo en pé convoca unha concentración en Ponteceso en repulsa aos asasinatos machistas da pasada semana

07:57 02/07/24
Ante a aterradora cantidade de asasinatos machistas ocorridos na última fin de semana (6 asasinatos de 4 mulleres e 2 menores de idade acontecidos en Cuenca, Málaga e Granada), desde o colectivo feminista Feminismo en Pé convocan unha concentración de repulsa que terá lugar o martes, 02 de xullo ás 20:30 h na Praza do Recheo de Ponteceso.