Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Feminismo pon en pé a Ponteceso ante a nova vaga de asasinatos machistas

Concentracion en Ponteceso de Feminismo
O Feminismo pon en pé a Ponteceso ante a nova vaga de asasinatos machistas

Convocaba o colectivo Feminismo en Pé unha concentración para este martes 2 de xullo na Praza do Recheo de Ponteceso, para deixar clara a repulsa da sociedade costeira á nova serie de asasinatos machistas acontecidos en toda España.

Preto de 50 persoas achegábanse para amosar o seu respecto, e eran varias mulleres, entre elas Eva Patiño, a que

Manifesto de Feminismo en pé

Este sábado 29 de xuño cometéronse seis asasinatos machistas no Estado español.

Tres mulleres foron asasinadas por homes que eran as súas parellas ou ex-parellas; duas crianzas dunha das vítimas, de 8 e 3 anos, foron tamén asasinadas, así como a nai doutra das vítimas.

Amal e as súas crianzas Hiba e Adam, foron asasinadas nas Pedroñeras, provincia de Cuenca.

Laura e Marian, filla e nai, foron asasinadas en Zafarraya, provincia de Granada.

Petra morreu asfixiada polas mans do seu marido en Fuengirola.

A aterradora cifra de 6 asasinatos machistas nun día xéanos o sangue nas veas.

Por máis distancia que separe a estas vítimas de nós, sabemos que vivimos no mesmo marco legal,

que os recursos e medios das institucións que non protexeron estas 6 vidas, son os mesmos aos que estamos espostas as mulleres galegas,

e por iso estamos aquí: para esixir un cambio real na organización dos recursos que deben rematar coa violencia machista.

Mais o sábado, o mundo continuou coma se nada,

porque que os homes asasinen ás mulleres, mentres a sociedade continua coma se non pasara nada, é o habitual.
Mais nós, as mulleres que hoxe aquí nos congregamos, non temos pensado facer coma se nada.

O sábado a repercusión social, as reaccións dos gobernos e dos medios de comunicación foron máis que escasas, foron case nulas.

Nas canles de televisión, adicáronse apenas tres minutos para cubrir a frioleira de seis asasinatos machistas, dous deles múltiples;

e nós preguntámonos:

se non se visibiliza a realidade do terrorismo machista como imos frear os discursos negacionistas?

como imos parar a permeabilidade social de posicións retrógradas que entenden á muller como a propiedade dos homes?

O discurso negacionista da violencia machista fomentado pola dereita e a ultradereita está calando en amplos sectores da sociedade.

Cada vez máis mozos pensan que iso da violencia machista é un invento das feministas, mentres exercen violencia de control e tamén física contra as súas parellas desde idades moi temperás.

Esiximos medidas reais e efectivas para a loita contra a violencia machista.

Esiximos un maior control dos recursos destinados ao Pacto de Estado contra a Violencia Machista para que non sexan dilapidados en eventos e accións que máis perxudican que axudan aos fins que se agardan:

nin paellas, nin festas, nin concertos, nin excursións, nin campañas que responsabilizan as mulleres da violencia que sufren,... ningunha desas cousas deberían poder costearse cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia Machista,

queremos medidas eficaces de concienciación e loita para pór fin aos feminicidios, á cultura do control e do poder sobre a liberdade e a vida das mulleres.

Xa non temos máis bágoas que chorar polas nosas irmás asasinadas e por tantas outras que viven a violencia día tras día sen atoparen ningún apoio institucional, sen que ninguén as protexa dos golpes, dos abusos, do medo de perderen a vida elas e as súas crianzas, nais ou irmás.

Xa non nos cabe máis indignación no peito, vendo como os gobernos de calquera nivel se limitan a lanzar proclamas baleiras de contido, un minuto de silencio e a outra cousa. Os gabinetes de crise non lles devolven a vida ás mulleres e crianzas asasinadas cando deles só sae un pronunciamento que é pouco máis ca un lavado de imaxe.

Imos a berrar contra todos os responsables de non facer nada, e tirar os cartos que tiñan que estar destinados a salvar vidas de mulleres e as súas familias en calquera cousa.

Queremos destacar que para máis inri despois de todo isto a familia de Amal está reunindo cartos por medio de doazóns para poder repatriar os corpos de Amal, Hiba e Adam ao país de orixe desta, Marrocos. Nin morta ten paz.

Como pode ser que o estado español despois de non protexela, pois foi agredida de xeito habitual polo seu asasino durante anos, a pesar de contar cunha orde de afastamento, non fixera nada contra este home?

Como pode ser que despois de tal neglixencia o estado non pague a repatriación que precisa a familia? Como pode ser que ninguén pague por isto? Por anos de inacción do estado español cun resultado de asasinato triple.

Queremos saber porqué nestes casos non se fai unha investigación e se depuran responsabilidades. Cal é o motivo polo cal os policías responsables de protexer a Amal non van ir a xuízo?

Non imos calar. Temos pensado seguir chamándolle as cousas polo seu nome, agardando que alguén dende o púlpito do poder faga algo, e senón farémolo nós, as mulleres feministas.

 

Máis novas

Comentarios