Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ferido en Gondomil ao caerlle unha árbore enriba mentres traballaba no seu monte

Bombeiros de Carballo
Os Bombeiros de Carballo tiveron que desprazarse
Ferido en Gondomil ao caerlle unha árbore enriba mentres traballaba no seu monte

Eran as 11:00h da mañá deste domingo, cando unha árbore caíalle enriba a un home que facía traballos de broza nun monte particular de Gondomil, Corme, Ponteceso.

Non era unha zona de mala accesibilidade, como si acontecía na tarde do sábado no accidente de quad de Corcoesto, polo que o operativo si puido chegar ao lugar con rapidez. Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso, Garda Civil, Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Ponteceso, desprazáronse ao lugar, confirmándose que o home estaba liberado e non necesitaba uso de material de excarceración.

Os propios veciños, que acudiron nada máis escoitar a petición de auxilio da vítima, retiraron a árbore caída sobre o home. Con todo, o varón ferido foi trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital da Coruña.

Comentarios