Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Fundación Eduardo Pondal cumpre 15 anos cun novo programa cultural

15 anos da Fundacion Eduardo Pondal
A Fundación Eduardo Pondal cumpre 15 anos cun novo programa cultural

A Casa da Muller, A Cova Céltica, a Escola de Verán, o Festiletras, o VdeValares, A Universidade Rural, Titania, O Dezasete, Aldeas singulares, a Escola de Inverno, o Día do Himno Galego, os Bos e Xenerosos, o Festiciencia, O Roteiro do Val Nativo, Literatas… son innumerables as actividades que leva desenvolto a Fundación Eduardo Pondal nestes 15 anos de vida.

E como non saben facer doutra forma, a entidade da aldea do Couto vai celebrar o aniversario cun novo programa cultural a desenvolver neste mes de nadal.

Programa 15 anos da Fundacion Eduardo Pondal

O venres 15 de decembro celebrará o aniversario propiamente dito aproveitando a clausura da Casa da Muller, coa proxección dun vídeo feito por Adrián Varela.
Para o sábado 16, a ntidade fai unha edición especial da Cova Céltica, coa presentación da reedición do libro infantil de Xelucho Abella “Gundar e o cabalo de oito patas”.

O luns 18 haberá un obradoiro de emprendemento co alumnado de FP do IES de Ponteceso, e o martes 19, un roteiro en bus guiado por Xosé Manuel Varela polos espazos do libro de Xelucho. Esa mesma tarde farase unha lembranza ás pandereteiras de Mens co alumnado do CEIP de Corme e da Unitaria de Mens, e unha foliada lembrando a Ramona Pensado con Pablo Díaz e Olga Kirk.

O mércores 20 continúa as celebracións co Día do Himno Galego, con Irma Macías como artista invitada.

O xoves 21 toca cita solidaria cunha Xincana, un mercado e unha sesión de cine, ademais de facer unha sesión de arrolos para o alumnado da Escoliña.

Ademais, do 22 ao 29 e do 2 ao 5 de xaneiro, a Fundación abre a súa Escola de Inverno, toda unha ocasión para que as nosas crianzas pasen un nadal especial na esencia do rural.

Máis novas

 

Comentarios