Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A Fundación Eduardo Pondal opta aos Premios Galicia de Acción Voluntaria da Xunta

Voluntariado Senior da Escola de Veran
Voluntariado Senior da Escola de Verán
A Fundación Eduardo Pondal opta aos Premios Galicia de Acción Voluntaria da Xunta

Xa temos falado do voluntariado sénior da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal do Couto. Alfonso, Manolo, Jaime, José María, Luis, Jose, Aurora, Rosa, Susana, Teresa e Lola, representan mellor que ninguén o sentimento de comunidade que reina na aldea do Couto. Colaboran en cada actividade da Fundación, como peóns de tráfico, como mestras tecedoras, de horta, como guías turísticas… cedendo as súas cociñas…

É un dos mellores exemplos do que consegue a Fundación pondaliana na sociedade: implicar a toda unha aldea, a todo un concello. De aí, que a Fundación Eduardo Pondal vaia presentar a súa candidatura á aos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023, que cada ano outorga a Xunta, e que suporían, ademais do recoñecemento a todas as estas persoas voluntarias coa entidade, unha inxección de 4.000 euros para seguir armando vida.

Xa ten apoios como o da Fundación Curros Enríquez, e seguirá buscando, para que se recoñezan os seus 40 anos a favor da preservación e comunicación dos valores sociais e culturais, así coma a capacidade de mobilización social que manifesta anualmente coa organización de iniciativas, xa consolidadas e de grande relevancia, como son o Festival Festiletras, a Universidade Rural de O Couto-Ponteceso ou a Escola de verán, entre outras moitas.

O ano pasado levou o premio a Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras (Aodemper), e este ano esperamos que veña para Bergantiños.

Novas relacionadas

Comentarios