Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Fundación Eduardo Pondal pon o Dezasete a "Semente" das Letras Galegas

Programa O Dezsete O Couto Letras Galegas 2024
A Fundación Eduardo Pondal pon o Dezasete a "Semente" das Letras Galegas

Este xoves 16 e venres 17 de maio a Fundación Eduardo Pondal volve colocar o Couto como berce das Letras co programa “O Dezasete”. A cita para conmemorar o Día das Letras Galegas, que ten como lema “Semente”, vén cunha variedade de actividades para quecer motores de cara ao Festiletras, que volverá ser a comezos de setembro.

A xornada do xoves incluirá un Roteiro Pondaliano guiado polo actor Suso Martínez, o mestre gaieiro David Puñal, o etnógrafo Rafael Quintía e Anxo Rajó, biógrafo da protagonista desta edición das Letras Galegas, Luísa Villalta.

A xornada do venres 17 de maio, será o eixe central da celebración. As gaitas de Inllar axudarannos no mencer, farase a misa en galego co himno de Irma Macías e o violín de Antía Ameixeiras.
Ás 12:30h farase entrega da Fundación dos premios aos Bos e Xenerosos deste 2024: Yolanda Castaño, Anxo Angueira, Guillerme Fernández, Jaime Izquierdo e a Fundación Uxío Novoneyra.

E para o vermú, ademais da mostra do libro e da artesanía, música coa Banda Xangai, con Xurxo Souto e demáis guerrilla.

A festa retomarase o xoves 30 de maio, cun concerto didáctico do Centro Coreográfico Galego coa cativada do CRA Nosa Señora do Faro da Campara.

Comentarios