Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O IES de Ponteceso celebra unhas Xornadas de Emprendemento e un Mercado de Nadal

IES POnteceso emprende
O IES de Ponteceso celebra unhas Xornadas de Emprendemento e un Mercado de Nadal

Menuda semana para acabar o 2023 no IES Eduardo Pondal. O centro, xunto coa Fundación Eduardo Pondal e o Centro de Formación e Recursos do Profesorado, celebran estes días as “I Xornadas de Emprendemento e Empregabilidade” co obxectivo de pór en contacto as empresas da contorna co alumnado de FP que titula neste curso, tanto da familia profesional de Mantemento de Vehículos, como de Atención a persoas en situación de dependencia, e dotalos de recursos para mellorar a súa inserción no mundo laboral.

Arrincaban este luns no Couto cun Obradoiro a cargo da Rede de Polos de Emprendemento e apoio ao emprego no que trataron detectar actitudes de cara a desenvolver un emprendemento sen risco, en áreas afíns aos gustos e capacidades persoais.
De seguido o equipo Blue Leaders, destacado pola innovación na selección e o desarrollo e acompañamento de empresas e persoas, achegou ao alumnado -a inserción no mundo laboral, cun simulador de entrevistas.

IES Emprende Ponteceso no Couto

O martes 19 e mércores 20 son quenda das empresas da contorna relacionadas coas saídas profesionais dos ciclos formativos impartidos no instituto pondaliano. Entre elas Siemens Gamesa, APTCOR, Applus Iteuve, Casas do maior Costa da Morte, AURUM Centros de día, Servizo de axuda no fogar de Carballo e FEPAS. Distintos representantes das mesmas acércanse ao centro para levar a cabo presentacións, entrevistas e mesas redondas coa finalidade de darse a coñecer mutuamente, explicar os perfís persoais e profesionais máis demandados e motivalos poñendo en valor a importancia dunha boa formación como garantía de éxito profesional.

Mercado Solidario de Nadal

Cartaz Mercado Nadal IES Ponteceso 2023(1) copia

Así mesmo, este mesmo xoves 21 de decembro celebrarán no instituto Eduardo Pondal de Ponteceso o seu primeiro mercado de Nadal.

Comentarios