Venres. 03.05.2024
El tiempo

Investigan a Lois Carballido por presunta prevaricación administrativa

Lois Carballido Candidato PSOE Ponteceso eleccions municipais 2019
Investigan a Lois Carballido por presunta prevaricación administrativa

O Xulgado nº3 de Carballo vén de aceptar continuar coa investigación sobre o ex alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, por presunta prevaricación administrativa. O actual Director de Educación da Delegación do Goberno na provincia da Coruña, pasou declaración o pasado 19 de decembro por ter asinado, “sen trámites administrativos” uns contratos con EDP nos que cedía unilateralmente o uso de 50 camiños públicos, ”saltándose todos os trámites legais”.

”O feito anterior constituiría un delito de prevaricación administrativa, sancionado no artigo 404 do Código Penal, con penas de especial inhabilitación para emprego ou cargo público e para o exercicio do dereito ao sufraxio pasivo por un período de nove a quince anos”, sinala o auto da Audiencia provincial.

TS revoga a nulidade da autorización do Parque Eólico Corme G-3 estimando o recurso da Xunta Galicia e EDP Renovables

Paralelamente, o Tribunal Supremo vém de dara razón a EDP Renovables e á Xunta revogando a decisión do Tribunual Superior de Xustiza de Galicia que anulara a autorización previa e de construción da repontenciación do parque eólico Corme G-3, O TS estima os recursos presentados pola empresa EDP Renovables, promotora do proxecto, e pola Xunta de Galicia, e confirma a resolución administrativa de autorización previa, por considerar que non se atopaba dentro das causas de nulidade admitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cuxa sentenza anulada.

Comentarios