A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes
Hai ano e medio que visitábamos as arrasadoras obras do parque eólico de Mouriños na Serra do Gontón. Hoxe facemos o propio coa polémica repotenciación do Parque Eólico G3 nos montes de Corme (Ponteceso).
Unha repotenciación que retira 60 vellos viraventos por 7 novos moito máis potentes. Unha repotenciación que varía a ubicación dos mesmos, como comprobamos nestas imaxes. Lugares tan singulares como a aldea do Roncudo, o alto de Candelagho, o acuífero dos Brañás, o Petón da Sombra, Pozo da Lagoa, o Mirador da Ghurita, ou a praia da Barda vense ameazados polas obras dun dos propios viraventos, e das pistas de acceso.
Suso Lista, comprometido activista en contra da invasión eólica, lamenta a obra no mesmo “Mirador da Gurita”, lugar dende onde se poden ver dende os faros Prior e Prioriño en Ferrolterra, pasando pola Torre de Hércules, ata as Sisargas, Nariga (ou Nerigha), Cabo da Insua de Laxe ou o Vilán. Lembra ademais o pasado histórico do lugar, onde mesmo se instalou, quedando aínda restos, “unha garita para vixiar os barcos aliados e pasar aviso aos nazis durante a Guerra Mundial”.
A mítica e tradicional aldea do Roncudo queda rodeada de viraventos e pistas
Suso nomea outros lugares tremendamente afectados, como o máxico Pozo da Lagoa, onde xa focalizaran as súas críticas a veciñanza de Corme hai dous anos, sen resposta das adminstracións, como comprobamos vendo que as obras case se mollan coa auga do pozo. Falamos dunha zona coñecida como Monte Carboeiro, pois era unha zona de antiga turbeira.
Dúas imaxes das obras case que enriba do Pozo da Lagoa
Tamén son afectados directamente os Petróglifos da Campaíña, pois o acceso a este lugar musealizado quedou esnaquizado.
A pista pasa por diante dos Petroglifos da Campaíña
Non esquece espazos como o Petón da Sombra, con máis de 50 petroglifos no seu granito e que xa sobre o escombro a 5 metros. Hai outro petón, a uns 300 metros do Pozo da Lagoa, con petroglifos e cazoletas, que seguramente vai ser barrenada, pois a documentación os xeolocaliza noutro punto que foi valado erroneamente no seu momento.
Petón da Sombra. Máis de 50 petroglifos co escombro a cinco metros
Obras no Alto de Candelagho
Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme
- Decembro 2020: O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme.
- Outubro 2020: 6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras
- Setembro 2020: “Queren expropiar fincas que xa levan meses ocupadas polo novo parque eólico de Corme”.
- Agosto 2020: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- Abril 20: A veciñanza presenta alegacións ao Parque Eólico das Salgueiras.
- 31-03-2020: Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma.
- Febreiro 2020: Os veciñ@s afectados polo parque eólico de Corme esixen o pago dos atrasos e dos "vuelos”.
- Novembro 19: "Levamos 19 anos sen saber que un viravento invadira as nosas fincas de Corme”.
- Novembro 19: “Afectados polo Parque Eólico somos todos os veciños de Corme e o seu patrimonio”:
Novas sobre os eólicos
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras.
- Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- Carta aos eólicos: “O expolio está servido”.
- O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- Abril 19: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.