Mércores. 24.04.2024
El tiempo

CSI Vimianzo: Descubrindo ao ladrón con QPC

CSI Vimianzo: Descubrindo ao ladrón con QPC

Impresionante. Encantados estamos en QPC de participarmos activamente nunha xincana do Concello de Vimianzo cos cativos. I é que o xogo de pistas do "Gran Roubo" contaba coa colaboración deste diario para que os cativos descubrisen ao ladrón para poder recuperar un libro de valor incalculable que desapareceu misteriosamente.
Un xogo artellado polo Concello para conciliar a vida familiar pola Semana Santa.

Por un día, os pequenos vimianceses de 7 aniños convertíronse en detectives do CSI Vimianzo. Tras varias pistas pola Casa da Cultura vimiancesa, os pequenos tiñan que achegarse ata a Biblioteca, conectarse a internet, bucear polo Quepasanacosta ata atopar a imaxe subida no diario onde se descobre aos ladróns. Dende aí tiñan que imprimila e voltar correndo ao punto de partida para completar o xogo.

Toda unha experiencia tamén para nós participar nesta clase de actividades para cos pequenos da bisbarra. E esperemos que non sexa a última.
Ademais, en breve contaremos como foi a experiencia de QPC na Semana da Prensa do Colexio de Quenxe, en Corcubión, que tamén deu moito de si.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios