Martín Varela comeza a temporada internacional cun triunfo en Italia

Comeza de xeito impresionante o noso cormelán máis internacional. Primeiro torneo do ano e primeiro triunfo nada menos que en Cuneo, Italia. Martín Varela Dourado, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés segue buscando patrocinador (mañá traeremos unha sorpresa estupenda) pero iso non lle impide comezar de xeito existoso.
Comezaba o seu periplo, sempre coa Paraolimpiada Londres 2012 en mente, esta pasada fin de semana de 17 e o 21 de marzo na duodécima edición do torneo internacional "Alpi de Mare, Trofeo Cidade de Cuneo", e ao que acudiron varios dos mellores xogadores europeos de tenis en cadeira de rodas. O seu inicio de tempada non puido ser mellor xa que se proclamou campión do segundo cadro do torneo.
Comezo internacional
Martín Varela, que decidiu iniciar a tempada neste torneo internacional antes de xogar nas dúas próximas semanas en Barcelona e Marbella, sabía que ía xogar con tenistas dun gran nivel polo que pretendía realizar un test para poder valorar a pretemporada de dous meses que realizou desde primeiros de ano. Os resultados foron valorados polo cormelán como positivos, aínda que admite que aínda ten que mellorar de cara á Copa do Mundo a celebrar a finais de abril en Sudáfrica.
Desenvolvemento do Torneo de Cuneo
Martín Varela participou no segundo cadro do torneo, pois o seu ranking internacional é baixo ao non competir de forma continua nestes tipos de torneos. Nesta ocasión partía como segundo cabeza de serie do cadro.
Iniciou a competición ante o grego Kostantinos Vazouras, nun partido que tivo dous partes ben diferenciadas. O cormelán comezou con moitas dúbidas polo que optou por bólas fáciles que Vazouras tranformaba en puntos ao seu favor. Desta forma Varela chegou a ir 4/1 perdendo no primeiro set. Pero foi aí onde Martín cambiou o seu xogo e conseguia gañar o primeiro set por 6/4. Xa no segundo foi mellor que o grego e gañouno por 6/1.
En cuartos o sorteo fixo que Martín enfrontásese ao mozo madrileño Roberto Chamizo, que acudirá á Copa do Mundo representando a España
en categoría Junior. Ambos os xogadores coincidiran fai unhas semanas na concentración da selección española en Madrid. Martín Varela realizou un bo partido e non deu opción a Chamizo, vencendo por 6/ 3 e 6/2.
Xa en semifinais, Varela xogou ante o italiano Alberto Corradi, xogador veterano con moitos torneos internacionais ás súas costas. Varela non se amedrentou e imprimiu un ritmo moi forte ao partido, sabedor que o físico do italiano acabaría sufrindo. E así foi, Corradi en ningún momento sentiuse cómodo e non puido contrarrestar a velocidade do cormelán. Martín venceu en dous sets por 6/1 e 6/2.
Desta forma, Martín plantábase na final do seu primeiro torneo do ano. O seu rival foi o italiano Paolo Cia. Foi unha final longa, na que houbo que chegar ao terceiro set e na que Varela notou o cansazo de chegar á final do seu primeiro torneo do ano. O primeiro set foi para Martín por 6/3, con todo no segundo Cia soubo aguantar o empuxe do cormelán e superouno por 4/6. Xa no terceiro set Martín Varela venceu por 6/4 e sumouse os seus primeiros puntos internacionais do ano, o que lle permitirá subir varios postos en e ráking ITF.
En dobres
Martín participou na competición de dobres facendo parella co catalán Kiko Tur. Alcanzaron as semifinais, onde caeron ante a parella vencedora do torneo, Chabrecek (eslovaco) - Kruszelnicki (polaco).
Vindeira cita
Martín participará xa este xoves no seu primeiro torneo nacional do ano, o Campionato de Cataluña que se celebrará en Tarrasa entre o 24 e o 27 deste mes.
Novas relacionadas
- Martín Varela inicia, sen patrocinio, a tempada de tenis en cadeira de rodas 2011 en Italia.
- O cormelán Martín Varela prepara a nova tempada e fomenta hábitos saudables polo país.
Máis novas
- Martín Varela pecha o ano cun novo torneo e xa prepara o Masters.
- Martín Varela alcanzou as semifinais en Valencia e xa pensa no Master.
- Martín Varela volve ás pistas tras 3 meses de lesión e busca a Paraolimpiada.
- Martín Varela é todo un exemplo de deportista con Moito Valor.
- Martín Varela continúa rodándose en torneos internacionais.
- Martín Varela gaña o Open de Huesca e dous novos patrocinadores.
- Un cormelán na Copa do Mundo.
- Martín Varela prepara a Copa da Mundo en Israel.
- Martín Varela iniciou a campaña internacional preparando a Paraolimpiada.
- Martín Varela comeza ben a tempada ata en terra batida.
- O cormelán Martín Varela comeza a tempada ca selección española .
- Martín Varela reafírmase no Master como un dos mellores tenistas de España.
- Martín Varela xa é o número 1 do ranking nacional.
- Martín Varela gaña o seu primeiro Open Internacional e foi convocado coa selección española.
- A bitácora da semana (XXXVI): A bitácora de Martín Varela.