Menudo Nadal máxico en Ponteceso


Xa vimos que Ponteceso vai ter un Nadal Tecnolóxico da man dos seus empresarios. Pero ademais, a maxia será protagonista nestas datas no concello pondaliano. O Concello de Ponteceso artella unha campaña de conciliación, ademais de unha sesión de maxia moi esperada.
Nadal de maxia
O sábado 7 de decembro, ás 18.00h, o salón de actos do Edificio das Escolas, serán os Magos Norberto e Kiko Pastur, os que fagan as marabillas dos peques, dentro do programa cultural que o Concello tén preparado para este Nadal. A Entrada para spectáculo dirixido polo Mago Antón, será de balde, e colabora a Agadic.
Campamento de Nadal" e "Concilia no Nadal"

O Concello artella tamén un programa de actividades de Nadal creando un Campamento, e ademais pensa nas familias preparando un programa de Conciliación.
Cómpre destacar os sábados de conciliación 7, 4 e 21 de Decembro de 16.00h a 19.00h no Edificio das Escolas en Ponteceso, con actividades para que os cativos pasen as tardes ocupadas.
Ademais, o Campamento de Nadal desenvolverase en Ponteceso e Corme 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 10.00h a 13.00h. Serán actividades gratuitas para nen@s de 4 a 10 anos.
A Inscrición é do 2 ao 5 de decembro no Departamento de Educación Familiar en Ponteceso ou Oficina Municipal en Corme.