domingo. 01.12.2024
El tiempo

Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación

Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación
Un home morreu na tarde de onte mércores, 27 de xullo de 2011, logo de que emboracara a súa embarcación na ría de Corme. Un segundo tripulante foi rescatado con vida e arestora atópase en bo estado no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Todo comezaba na madrugada de onte, cando dous sexaxenarios saían pescar na ría de Corme e Laxe a bordo de "O Carreiro", unha embarcación de fibra e de cinco metros de eslora. Ao non aparecer, pasadas as catro da tarde os familiares chamaron ao 112. A raíz do aviso, mobilizouse ao helicóptero Helimer 210, a Salvamar Altair e a embarcación auxiliar do buque Don Inda. Foi o Helimer 210 o que rescatou aos tripulantes ata o aeroporto coruñés de Alvedro, onde estaba agardando unha ambulancia medicalizada.

Outros accidentes no mar

Fonte

  • La Opinión A Coruña.
  • Fotografía de Corme.net

Comentarios