Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Atopado o corpo sen vida dun mergullador en Muros

Atopado o corpo sen vida dun mergullador en Muros

O pasado luns, ás 17:00h, un home saía a mergullar na zona de San Francisco, onde o cámping da Vouga, en Muros. Arredor das 23:00h a familia avisou ao 112 de que non regresara.

Foron mobilizados Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, Protección Civil de Muros e a Policía Local, co fin de localizar ao mergullador, que vestía un traxe de neopreno negro.

E así o fixeron, arredor das 0:40h de onte, cando atoparon e rescataron o corpo sen vida do mergullador. corpo do desaparecido fora localizado no fondo por compañeiros do mergullador e mergulladores da embarcación 'Ría de Vigo', que o recuperaron. Posteriormente, o corpo foi trasladado por unha embarcación ata o Porto de Muros.

Outros accidentes no mar

Fonte

  • 112 Galicia.

Comentarios