Venres. 19.04.2024
El tiempo

Jorge Mira guía unha nova observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa

observacion-astronomica-arca-piosa
Jorge Mira guía unha nova observación astronómica dende o Dolmen da Arca da Piosa

Continúan convertíndose as andainas nocturnas un verdadeiro reclamo para a natureza. Tralas saídas de Cabana e Santa Comba, desta volta é o Concello de Zas o que convoca unha xornada de observación astronómica dirixida a toda a familia.

A cita é este venres, 26 de agosto, e o lugar elixido é o Dolmen da Arca da Piosa; lugar no que Eduardo Pondal situou a tumba do guerreiro Brandomil. O punto de encontro é Santa Sía de Roma ás 22:00 horas. Dende aquí haberá que camiñar uns dous quilómetros ata chegar ao Dolmen da Arca da Piosa e unha vez aquí, Jorge Mira guiará a observación astronómica dando todo tipo de detalles.

Para participar é necesario inscribirse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 71 80 56 / 981 75 13 98 ou tamén a través do formulario online:

Recoméndase levar calzado axeitado, roupa de abrigo, lanterna e esterilla.

Novas Relacionados

Comentarios