Venres. 11.10.2024
El tiempo

A nova planta de transferencia de Sogama no Polígono de Tella estará operativa en setembro de 2022

A Xunta vén de licitar a obra

210727 planta tranferencia Ponteceso copia
Plano da nova planta de tranferencia de Ponteceso
A nova planta de transferencia de Sogama no Polígono de Tella estará operativa en setembro de 2022

Ademais da nova planta de Cee, a Xunta vén de licitar, por case 1,3 millóns de euros, as obras de construción da nova planta de transferencia de Ponteceso.

Ata o 27 de agosto terán as empresas posibilidade de presentar ofertas para esta infraestrutura que vai substituír á actual microplanta, localizada nas inmediacións do parque empresarial de Tella, co obxectivo de dotala de maior capacidade, prestacións e eficiencia. A previsión é que estea operativa en setembro de 2022.

Será unha mellora considerable a nivel medioambiental, pois a actual planta só está a transvasar a bolsa negra (fracción non reciclable recollida a través do contedor verde xenérico), mentres que a nova planta poderá transferir a bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks depositados no contedor amarelo) e, así mesmo, a materia orgánica recollida de forma selectiva a través do quinto contedor, de cor marrón.

Terá capacidade para transferir 12.500 toneladas anuais de residuos urbanos e inicialmente dará servizo a catro municipios: Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños e Laxe (tamén Camariñas e Vimianzo), que aglutinan unha poboación superior a 18.000 habitantes.

Novas relacionadas

Comentarios