Nova xornada informativa sobre o Parque Eólico das Salgueiras no Monte Branco

Multiplícanse os actos informativos da veciñanza arredor da nova pandemia eólica da Costa da Morte. Se a semana pasada Carballo acollía un acto informativo sobre os megaparques do Ministerio, e este sábado hai recital poético e andaina en defensa dos Penedos de Traba e Pasarela, por Ponteceso tamén haberá acto informativo.
Son a Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras e a Rede Galega por un Rural Vivo as que organizan as Xornadas Cantís do Canteiro, que que se desenvolverán o domingo 23 ás 11:30h no miradoiro do Monte Branco, un lugar directamente afectado polo P.E. As Salgueiras.
Precisamente a charla e o debate xirarán sobre este Parque e sobre a necesaria transición enerxética de Galicia. Desta volta os ponentes serán Amancio Sotillo, membro de Adega; e Carlos Penedo da Plataforma pola Defensa do Monte As Salgueiras.
Consideran que “información e concienciacion é a clave”, por iso a intención é que estas sesións se celebren cada 15 días.
Vídeo comprometido
Dende outras partes de Galicia envían este divertido vídeo protesta:
Novas sobre eólicos
- Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica.
- Maio 21: “Quen vai querer mercar unha casa ou unha finca que estea dentro da poligonal dun parque eólico?”.
- Maio 21: As entidades medioambientais denuncian "a fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes" dos novos proxectos eólicos.
- Outubro 2020: 6 entidades alertan do impacto ás "paisaxes pondalianas" do Parque Eólico das Salgueiras.
- INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte.