![A Xunta presentou nas xorndas da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso o novo programa de axudas. Imaxe: FEP]()
A Xunta presentou nas xorndas da Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso o novo programa de axudas. Imaxe: FEP
O comercio local está de noraboa. Esa é a lectura que hai que facer despois da participación da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, na xornada informativa que tivo lugar onte na
Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Vázquez aproveitou a ocasión para presentar o
novo programa de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinado a promover a modernización comercial, o comercio electrónico e o
smart commerce, aspectos que destacou como claves para reforzar a competitividade do comercio local.
Mediante esta convocatoria, á que se destinan
máis de 3 millóns de euros e cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 18 de febreiro, os comerciantes poden obter apoios de ata 17.500 euros ademais de para a
modernización dos establecementos, para a
posta en marcha de novos sistemas de comercialización que combinen o comercio
online e
offline ou que empreguen as
redes sociais para a venta, para páxinas webs comerciais, e para ferramentas que melloren a xestión e o deseño dos seus produtos e o desenvolvemento e implantación de
novos sistemas de packaging e etiquetaxe.
Tamén se poden beneficiar do programa os
obradoiros artesáns, con axudas de ata 11.500 euros, as federacións de comerciantes, con ata 3.000 euros para o desenvolvemento de sistemas de
m-commerce (comercio a través do móbil), aplicacións e webs móbiles, e as asociacións profesionais de artesáns, que poden optar a axudas que superan os 39.000 euros para proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.
Ademais das axudas para fomentar o
smart commerce, tamén están activa a convocatoria para fomentar a transmisión comercial, con prazo de presentación aberto ata o 31 de agosto, co obxectivo de impulsar o emprendemento e a continuidade da calidade do sector.
A activación destes programas forma parte do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- DX Comercio