Novo accidente na entrada de Cee
Os Bombeiros de Carballoconseguen retirar unha fiestra en Ponteceso que supuña un risco para os viandantes

10:50 14/02/20
Acodiron os Bombeiros durante a mañá de onte, xoves 13 de febreiro, ata a Rúa Aduana, en Ponteceso. Unha familia avisaba de que unha fiestra e dun segundo andar tiña un serio risco de caída á vía pública. Unha vez no punto os Bombeiros de Carballo comprobaron que na galería con fiestras de madeira, unha delas estaba desencaixada das guías. Os Bombeiros despregaron a grúa e retiraron as dúas fiestras de madeira que estaban inestables para así evitar a súa caída á rúa. Retirar fiestra con risco de caída á vía pública.
Novo accidente en Cee
Pasadas as 19:00 de onte, xoves, tivo lugar un novo accidente en Cee, na estrada AC552, á altura de Vilar de Toba, fronte o supermercado Eroski. Colisionaban dous vehículos, resultado ferida a acompañante dun dos implicados. Os sanitarios, coa colaboración da Policía Local e os Bombeiros, tiveron que trasladar, inmobilizada, á ferida ata o HVdX.