Novo cruce entre PSOE e PP de Ponteceso polo heliporto de Corme e a débeda ca confraría


A semana pasada a Xunta anunciaba o novo heliporto de emerxencia de Corme. Un anuncio que para o voceiro do PSOE, Lois Carballido, supón unha "burla intolerable ao pobo de Corme", ao considerar que foi "Touriño o que o deixou preparado e agora veñen a Corme inaugurar unha "base" que lle custou á Xunta un caldeiro de pintura".
O alcalde pontecesán, Fondo Aguiar, responde "que a gran burla foi o goberno bipartito da Xunta de Galicia, que non investíu un só caldeiro de pintura no porto de Corme", e lembra que "foi o goberno do PP na Xunta de Galicia quen fixo o muelle de atraque, o tren de fondeo e todas as infraestructuras de importancia no porto de Corme".
Débeda ca Confraría
"Mentras tanto", sinala o PSOE, "a Xunta lle debe á Confraría de Corme máis de 60.000 euros dos convenios asinados dende marzo de 2012". "Tampouco se compromete á axuda de 8.000 euros que precisa para a posta en marcha do surtidor".
O PP responde que "seguirá apostando polo porto de Corme como vía de desenvolvemento económico no Concello".
Novas relacionadas
- Corme xa pode estrear o heliporto de emerxencia.
- O PSOE de Ponteceso denuncia un desfase orzamentario de 7 millóns de euros.
- A nova directiva dos empresarios de Ponteceso xa pensan na nova Aula de Formación.
- O PSOE pontecesán esixe o remate das obras da Avda. Eduardo Pondal.
- O PSOE de Ponteceso denuncia que o alcalde que subir o auga un 18%.
Fonte
- Notas de prensa do PP e do PSOE de Ponteceso.