Novo detido por cultivo marihuana desta volta en Ponteceso

14:45 03/10/12

Continúa a Garda Civil facendo detencións por pequenos cultivos de marihuana. Se hai apenas un par de semanas detiñan un camariñán por cultivar 5 plantas de marihuana, hoxe fixeron o propio cun veciño de Cores, Ponteceso, de 32 anos, por un cultivo de 14 plantas de marihuana.
Os "vexetais", como os denomina a Garda Civil, arroxaron un peso de 22,600 kgs. O detido e as plantas intervidas foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número Tres de Carballo.
Novas relacionadas
- Lonxe de Montevideo: Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- 20-09-12: Detido un camariñán por cultivar 5 plantas de marihuana.
- 22-08-12: Detido un laxense con 26 gramos de cocaína.
- 15-07-12: Oleada de roubos en Bergantiños e detido por alixo en Cee.
- 10-08-11: 10 prantas de marihuana nunha finca dumbriesa.
Fonte
- Nota de prensa da Garda Civil.