Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Novos prezos para as últimas parcelas privadas do Polígono de Tella

Novos prezos para as últimas parcelas privadas do Polígono de Tella
Poligono de TELLA-Ponteceso

Recibía esta pasada semana a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial de Tella a nova de que quedan desbloqueados 7.032 m2 de solo industrial privados, que xa están dispoñibles para mercar. As parcelas dispoñibles, as únicas no polígono pontecesán, están xuntas, polo que un empresario pode mercar tres, catro ou cinco xuntas. As vendas canalizaranse a través da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial.

Así o anunciaba o propio alcalde, tras falar co propietario das parcelas, que levaban dispoñibles dende os inicios do Parque Empresarial. As parcelas están sen edificar dende o ano 1995 pero nunca se sustanciou a súa venda, polo que conseguir que se ofrezan aos empresarios é unha prioridade total.

Ao ser de titularidade privada non se oficializou un prezo de venda, pero o Alcalde anunciou que poden chegar a ser un 50% máis baratas que noutros parques empresariais da zona. Ademais, o Goberno levará ó vindeiro Pleno a bonificación do 95% da taxa do ICIO no parque empresarial de Tella.

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios