Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O alcalde de Ponteceso critica a "doble cara" do BNG e clarexa o desenvolvemento do PXOM

O alcalde de Ponteceso critica a "doble cara" do BNG e clarexa o desenvolvemento do PXOM

Sae hoxe o alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, á voz pública, para criticar o que entende por "doble cara do BNG de Ponteceso". O PP califica de "nefasta e ausente oposición levada a cabo en 4 anos" por parte do BNG. E critica as últimas palabras do seu portavoz, Manuel Varela, que acusaba ao Alcalde de "ocultar datos sobre o novo PXOM".

O alcalde apunta que "o Concello non ten realizado ningún outro traballo do novo PXOM que non sexa o sinalado no Documento de Inicio do Plan, remitido o pasado 10 de decembro de 2010 á Secretaría Xeral". Continúa o alcalde indicando que "en todo momento, este goberno non renunciará á transparencia informativa, divulgando en todos os medios que nos sexa posible os períodos de alegacións e tamén toda a información de interese para o cidadán que se xenere co novo PXOM.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios