Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor atrae a pintores de todo o estado

O Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor atrae a pintores de todo o estado

Un dos obxectivos que se marcou a Fundación Eduardo Pondal co Certame de Pintura ó Aire Libre Fernando Álvarez de Sotomayor era promover o turismo cultural na Costa da Morte. E abofé que o está conseguindo vendo o éxito de inscritos.

I é que o Certame está acadando unha repercusión tanto fóra da comarca como de Galicia dado que un bo número de persoas que se preinscribiron ata o día de hoxe proceden de distintas localidades do estado.

Pero tamén da casa. A comarca de Bergantiños estará representada por pintores participates de Laxe, Canduas, Malpica ou Carballo. Do resto do territorio galego hai presinscritas persoas de Vigo, A Coruña, Marín, Cambados, Vilarmaior, Barrañán (Arteixo) e Lugo.

E se ollamos ao resto do territorio do Estado, xa sabemos que virán pintores de Madrid, Ronda (Málaga), Valladolid, Fuenlabrada (Madrid), Tomelloso (Cidade Real) e Zamora.

Inscrición

Aquelas persoas que queiran participar ben o poden facer preinscribíndose no e-correo da Fundación ou presentándose no Centro Cultural de Ponteceso o propio día do certame.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal da man de Xosé Manuel Varela Varela.

Comentarios