O Concello de Ponteceso apréndelle aos veciños a usar a sede electrónica


O Concello de Ponteceso ten aberta, como outros 8 concellos da volta, a súa Sede Electronica. Un servizo que permite ter a porta aberta do Concello 24 horas ao día e 365 días ao ano. Pero sempre que se saiba utilizar e moitas veces os problemas veñen por aí.
Así, os novos cursos da Escola Municipal de Informática do Concello pontecesán van enfocados a aprender a utilizar o servizo de administración electrónica na aula municipal. Ese será o título do curso en Ponteceso, mentres en Corme toca un novo Curso de informática práctica. O prazo de inscrición remata o 12 de febreiro ou ata que se agoten as prazas. Estes son os cursos:
- Curso de Administración Electrónica en Ponteceso: o luns 17 de febreiro arrinca un curso de 30 horas (luns e mércores de 16:00h a 17:30h) na Aula Municipal de Informática do Centro Cultural.
- Curso de Informática Básica en Corme: o martes 18 de febreiro arrinca outro curso de 30 horas (martes e venres de 15:30h a 17:00h) na na Aula Municipal de Corme.
Charla a empresarios e Pemes
O salón de plenos do Concello de Ponteceso acollerá este martes 4 de febreiro ás 09.00h, unha charla destinada ás pemes sobre axudas que concede a Xunta de Galicia este ano. Confirmou a súa presenza o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela, e un representante do Igape.
Máis información e inscricións
- Inscricíon online. Sede electrónica.
- Departamento de informática do Concello de Ponteceso: 981 71 40 00 (EXT.18).
- Aula Municipal de Informática no Centro Cultural (981 715 442 - EXT.12)) ou na Oficina Municipal de Corme (981 73 84 28).