venres. 08.05.2026
El tiempo

O PSdeG exemplifica nos PACs da Laracha e Ponteceso os "recortes encubertos" da reforma da atención primaria por parte da Xunta

PSOE A LARACHA 7 de maio
Membros do PSOE de Bergantiños na Laracha
O PSdeG exemplifica nos PACs da Laracha e Ponteceso os "recortes encubertos" da reforma da atención primaria por parte da Xunta

O PSdeG-PSOE, tras reunirse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso, vén de denunciar a ituación provocada nos centros trala nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia. 

Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas da Laracha, Ponteceso e Coristanco.

Iglesias denunciou que "O Sergas quere levar a atención primaria de volta aos anos 90" e sinalou que o persoal sanitario trasladoulles "a súa preocupación polo decretazo que acaba de impoñer ao Sergas unha reforma feita sen consenso, de costas ao persoal sanitario e que supón máis carga de traballo, incluso o peche dalgún centros de saúde". 

  Para a socialista, esta reforma suporá "máis precariedade e, sobre todo, peor atención sanitaria aos veciños e ás veciñas da comarca. "Mentres faltan médicos e persoal sanitario, o SERGAS responde con máis improvisación e con recortes encubertos", engade. 

"Nós xa rexistramos no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir reverter esta decisión unilateral do SERGAS e establecer un mecanismo de estudio, de análise, coa participación dos profesionais para reforzar a atención primaria e os PACs na comarca", indica a deputada. 

Comentarios