O CSIF critica a elección dunha xuíza como Pregoeira da Festa das Fabas
A situación laboral dentro do Concello de Ponteceso está lonxe de ser tranquila. Son moitos meses xa de protestas dende o sindicato CSIF, da man do seu representante, Alfonso Espiñeira. Hoxe o sindicato con maior representación entre o Persoal Funcionario e Laboral no Concello de Ponteceso, quere trasladar a preocupación entre os traballadores ao ver que a maxistrada-xuíza do Tribunal Contencioso nº4 da Coruña, Rosa Agrasso, teña aceptado a invitación do alcalde a ser a pregoeira da Feira das Fabas o vindeiro 28 de outubro.
Para o CSIF, dada a situación laboral e penal na que se atopa o concello “os traballadores teñen medo de posibles represalias”. Lembran que o alcalde Lois Carballido se atopa “inmerso en xudiciais e de investigación, consecuencia da denuncia da Fiscalía Provincial, que non dos traballadores, por presunta Prevaricación e Acoso a varios traballadores”, sinalando que vista aprazouse e que hai outra pendente para febreiro.
Con este panorama, a aceptación por parte da xuíza de ser a pregoeira enténdese “como unha demostración de apoio público ao alcalde”.
Novas relacionadas
- Outubro 16: O CSIF volve denunciar irregularidades cos contratos de limpeza e Axuda no Fogar de Ponteceso. 
Fonte
- CSIF.