Venres. 26.04.2024
El tiempo

O entorno, o cabeza de cartel do Festival V de Valarés

O entorno, o cabeza de cartel do Festival V de Valarés
Adrian Varela lidera a expedicion da presentacion do festival V de Valares Adrian Varela lidera a expedicion da presentacion do festival V de Valares

#somosAtlántico, #somosValarés, son as lendas coas que se promociona o Festival V de Valarés que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de agosto e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Un Festival que chega á 10ª edición, dando un salto xa con produtora contratada, despois de sortear ducias de aventuras e seguir servindo de escaparate mundial da música independiente.

I é que o entorno é o cabeza de cartel, como o indica o propio lema do festival: “Un paraíso atlántico na Costa da Morte!”. O espazo é un dos principais atractivos do festival que ten lugar no marco dun grande pinar, praia e zonas verdes de recreo. Co fin de combinar o respecto á riqueza medioambiental e o goce das persoas que participan do festival, a organización acondicionou unha zona próxima ao antigo porto, punto de saída no seu tempo do wolframio para os nazis.

Así o explicaba onte o deputado Xesús Soto, responsábel de Contratación, Patrimonio e Equipamento, que participu presentación da nova edición do festival por parte de membros da organización que mostraron os distintos servizos habilitado para un evento que, durante catro días, combina música e acampada coa conservación do enclave singular en que se desenvolve.

A organización conta con que arredor de 3.000 persoas, asistan nestes días ao festival nun lugar de apenas 80 casas. Toda unha demostración de potencia.

“V de Valarés chega a súa décima edición como un dos referentes do verán da Costa da Morte. Sen dúbida, está a contribuír á promoción turística e económica da comarca. Valoramos especialmente o maior esforzo, necesario, por preservar a riqueza medioambiental da zona, para o que é necesario ser especialmente coidadoso en citas multitudinarias como esta”, sinalou Xesús Soto.

Unhas bandas de primeira

Horarios Festival V de Valares 2016

Así e todo, ademais do entorno, as bandas van ser un tremendo reclamo para atraer xente de todo o país. Conseguir a Kula Shaker, tras 10 anos detrás deles, é un soño para a organización. Só serán o primeiros dos 30 artistas que subirán ao escenario entre a tarde do venres e a madrigada do domingo.

De Camping e en EcoBus

Bus Festival V de Valares

E na liña de coidado co medio ambiente, a organización porá buses dende Ponteceso á praia de Valarés para evitar ter que andar co coche de arriba para abaixo. O Camping limpo tamén é outra aposta.

Camping LImpo Festival V de Valares

Deportes

Ademais, no marco do V de Valarés tamén terán cabida outras moitas actividades sempre orientadas a devandita relación coa natureza, como as que levará a Ponteceso a escola de surf de Razo Artsurfcamp. O sábado será a quenda para as clases de paddle yoga (yoga sobre unha táboa de paddle surf) e de slalom longskate, mentres que o domingo a escola carballesa organizará unha ruta de paddle surf e instalará un espazo de tarp surfing.

Art Surf Camp no V de Valares

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios