Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Festiletras amplía horizontes

O Festiletras amplía horizontes

Escapa xa das nosas fronteiras a incidencia do Festiletras, que artella a Fundación Eduardo Pondal e que terá lugar do 16 ao 20 de maio no concello de Ponteceso. Un programa que conta xa con 30 anos e que xa é un dos meirandes referentes de todo o país espallando as Letras Galegas.

E así o refrenda o feito de que a Deputación daga unha presentación pública do programa pontecesán, ou que a a carpa da Feira do Libro de Santiago de Compostela acolla hoxe luns 30 de abril, ás 13.30 h., a presentación do programa Festiletras 2012. Nun acto que estará apadriñado pola actriz da serie Libro de Familia Uxía Blanco, galardoada este ano co premio Bos e Xenerosos, e polo escritor Xosé Neira Vilas.

Presentación na Deputación

Foi a semana pasada cando a deputada provincial, Zaira Rodríguez, presentaba do amplio programa de actividadesdo Festiletras. Acompañada pola secretaria da Fundación Eduardo Pondal, María Xosé Imia; o concelleiro de Cultura de Ponteceso, Óscar Rei; e o escritor Miguel Anxo Mato, Zaira Rodríguez destacou o “amplo e variado” programa dun festival ao que, segundo relatou, o goberno provincial espera poder seguir apoiando outros trinta anos máis”.

Pola súa banda, María José Imia apuntou que o conxunto de actos e actividades da Festa das Letras responde ao “grande esforzo e compromiso” de todas as persoas que integran as cinco entidades (Asociación Cultural Monte Branco, Asociación Inllar, Asociación Cultural A Oliveira de Monte Branco e o Colectivo Con V de Valarés, ademais da Fundación Eduardo Pondal) que este ano participan na celebración deste evento.
“É a nosa forma de promover e divulgar o patrimonio cultural da nosa terra”, comentou Imia, quen explicou que os máis de trinta actos previstos para eses cinco días virarán ao redor da cultura, a literatura, o teatro, o cinema e o humor.

Así mesmo, Óscar Rei indicou que a Festa das Letras “xa forma parte da historia de Ponteceso”, á vez que destacou a “revolución cultural” que se produciu grazas ás edicións celebradas ata a data.
Por último, o escritor Miguel Anxo Mato, tamén natural de Ponteceso, quixo ter un recordo especial para dous escritores galegos como Uxío Novoneyra e Manuel María, dos que destacou o “traballo e o compromiso” que, na súa opinión, sempre mostraron pola cultura galega.

Hai canteira

Ademais, podemos comprobar que a Fundación Eduardo Pondal coida a canteira. Aquí vemos ás mozas da Fundación Eduardo Pondal que partiparon na cidade de Lugo na fin de semana, nunha estancia creativa de música e danza tradicional organizada pola Dirección Xeral de Xuventude. Estas son Alba Costa, na modalidade de canto, Tania Villar, na de piano, xunto con Alba Santiago, Carmen Fuentes e Lucía Blanco Tedín, na de música tradicional.

Novas relacionadas

Comentarios