Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O IES Ponteceso pecha o libro e aprende da vida real

O IES Ponteceso pecha o libro e aprende da vida real

Impresionante a Semana Cultural do IES Ponteceso. E xa van 14 anos. Un exemplo do que poden tomar boa nota centros de toda a volta. Foron varios días, martes e mércores, de vertixe cultural, con visitas de primeiro nivel que permiten deixar que sexan os alumnos os que pensen, os que saquen as súas conclusións.

I é que foron moitas e varias as actividades, con unha ducias de talleres, que serven para pechar o libro e aprender da vida real. Por exemplo, cos Obradoiro de encadernación, de malabares, de capoeira, de cociña, de reciclaxe, de onomástica, de pilates, de ioga, de relaxación, de calceta. Tiveron tamén a sorte de disfrutar, en exclusiva, do Método Gronholm, a educativa obra de Talía Teatro que representa a situación laboral dos tempos de hoxe. Visitaron varias escolas veciñas da zona para ver as cousas que poden importar ao seu centro. De feito, varias sesións de xardineiría e acondicionamento do centro tamén foron algunhas das actividades.

E sobre todo, atenderon ás 3 máis que interesantes charlas. Unha sobre factores de risco na conducion, outra sobre nutrición, e unha masterclass con Manuel Gago sobre o megalitismo.

Hoxe, venres 11 de abril, de feito, teñen unha das últimas sesións, nada menos que con Traski para coñecer o Camiño dos Faros.

Novas relacionadas

Fonte

Semana Cultural no IES Ponteceso 2014

Comentarios