luns. 11.11.2024
El tiempo

O San Xoán recupera a súa orixe na Fundación Eduardo Pondal

O San Xoán recupera a súa orixe na Fundación Eduardo Pondal

A programación cultural do mes de xuño na Fundación Eduardo Pondal terá como protagonismo a tradición etnográfico do San Xoán tanto no Couto coma na comarca de Bergantiños. A día de hoxe están pechadas tres das actividades que terán lugar os días 11, 12 e 18 de xuño.

A primeira cita será o sábado 11 para a sección “Non des a esquecemento” que corre a cargo de Luís Giadás e Araceli González. Eles, a partir das 17.30 h, realizarán unha gravación etnográfica sobre a tradición do San Xoán no Couto a Andrés de Rodríguez (de 80 anos) e a Carme de Marcial (de 84 anos). Nesta actividade, ó longo da tarde na lareira da Casa do Cura, irán xurdindo da memoria dos entrevistados alusións a herbas da época, das xuntanzas das cachelas e mesmo de algunhas cantigas coas que se amenizaban as noites de San Xoán.

A segunda cita, o domingo 12, ás 12.30, despois da saída da misa, será a proxección dun audiovisual elaborado por Dani Puente sobre a estrea do programa “Noites do prácido luar”. Este proxecto está promovido pola Fundación Eduardo Condal e dirixido por Lucho Penabade. Participan como actores Tania Villar, Esteban Rey, Lucía Blanco, Sofía González, Miriam Amado, Carmen Fuentes, Tamara Lema, Maxi García, Eva Parga, Leticia Recarey, Uxía Varela, David Amado, Alba Santiago, Romina Castiñeira e Alba Costa, xunto coa coral A Oliveira de Monte Branco. A estrea desde espectáculo de teatro de rúa tivo lugar o pasado sábado 21 de maio dentro do programa Festiletras 2011.

A terceira será o sábado 18 e terá como protagonista unha nova edición d’A Cova Céltica. Nesta ocasión, moderada por Xosé Manuel Varela, varios compoñentes do Instituto de Estudos Bergantiñáns lembrarán as tradicións etnográficas do San Xoán vistas desde o punto de vista máis científico. Entre os convidados estarán presentes Xelucho Abella Chouciño, Xan Fernández Carrera, Evaristo Domínguez Rial e Luís Giadás Álvarez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.

Comentarios