O Semescom leva os Cruceiros e os Penedos ao Couto e Pasarela


Doble cita ten o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte esta fin de semana. A entidade continúa poñendo en valor o noso patrimonio e nesa liña van enfocados os dous libros que presenta. En Pasarela toca disfrutar, dende casa, da nova publicación sobre os Penedos, mentres que no Couto haberá sesión enfocada aos Cruceiros.
Os penedos volven a casa
A Escola de Pasarela acollerá o vindeiro venres a presentación da Guía dos Penedos de Pasarela e Traba, unha publicación que editou o Seminario de Estudos Comarcais grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, dentro do mesmo proxecto que finanaciou o panel informativo da Ruta dos Penedos colocado en Pasarela no mes de decembro.
O Seminario conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Pasarela (AsVePa) para organizar un acto que comezará cunha conferencia do filólogo Vicente Feijoo Ares, experto en toponimia, que falará sobre A litonimia: os nomes das pedras en Galicia. Cultos, ritos e lendas.
Seguidamente, os autores da Guía, Juan Ramón Vidal Romaní, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé Mª Lema Suárez presentarán a Guía dos Penedos de Pasarela e Traba (vid. Sinopse).
Os cruceiros van ata Ponteceso
O sábado os cruceiros da Costa da Morte serán os protagonistas dunha Cova Céltica organizada pola Fundación Pondal, no Couto (Ponteceso). Trátase dunha tertulia na que José Mª Laredo e Xosé Mª Lema presentarán o libro d´Os Cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte (vid. Sinopse), outra das últimas publicacións do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte que dará pé a unha tertulia moderada por Xosé Manuel Varela, na que participará un grupo de mozos canteiros e os presentes no acto.
Publicacións da SEMESCOM
- A SEMESCOM dá a benvida ao 2013 cun libro sobre os Cruceiros da Costa da Morte.
- Calendario 2011: Unha de Cruceiros co Seminario de Estudios Comarcais para abrir o 2011.
- Calendario 2010: Os cabazos da Costa nun calendario
- Calendario 2009: Un calendario cos hórreos máis senlleiros da Costa.
- O Seminario de Estudos Comarcais presenta en Vimianzo o novo libro sobre os Cabazos da Costa e da Barbanza.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- O laxense Juan Antonio Posse: un crego liberal e vangardista.
- Renovando a arqueoloxía castrexa dende Vimianzo.
- O apagón do torreiro.
- Xosé María Lema Suárez, Presidente da SEMESCOM: Vítor H. Brandalise, un brasileiro seguindo os pasos do caderno de campo do xeógrafo Domingo Fontán por Galicia.