O xurado falla o I certame de ilustración infantil e xuvenil sobre Castelao
07:09 27/01/17
certame ilustracion castelao Ponteceso
A biblioteca municipal de Ponteceso acolle hoxe, ás 20 horas, o fallo do I Certame Castelao de Ilustración organizado pola concellería de Educación do concello.
O acto iniciarase coa representación do espectáculo de teatro de sombras de Castelao a cargo do grupo A Xanela do Maxín. A continuación terá lugar a lectura da acta do fallo do xurado, formado polo profesor de lingua e literatura galega, poeta e ensaísta pontecesán, Miguel Anxo Mato Fondo, a profesora de debuxo do IES de Ponteceso e licenciada en Belas Artes, Beatriz Fernández Cortizas, e o concelleiro de educación, Carlos Penedo. A profesora de lingua e literatura galega do IES de Ponteceso, Emma Abella Cruz, introducirá o acto.
O premio consiste nunha tableta electrónica para a persoa gañadora de infantil e primaria e outra para a de Educación Secundaria Obrigatoria.
Deste xeito, o certame cumprc cos dous obxectivos fundamentais; por unha parte, impulsar o coñecemento da obra un dos artistas máis polifácetico e relevante do século XX e, por outro, favorecer a creatividade nos primeiros niveis do ensino no concello pontecesán. Todas as obras serán expostas na propia biblioteca.
Novas relacionadas
- Ponteceso homenaxea a Castelao cun certame de ilustracións para os centros de ensino
- O mitin de Castelao en Lira en 1936
- Tesouros en papel: Estampa galaica ao Castelao
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Ponteceso