![Peques do CEIP Eduardo Pondal]()
Peques do CEIP Eduardo Pondal durante unha visita especial
Cada vez son máis os centros con Xornada Única. Ás veces costa conseguila poisson sempre maioría os pais e nais que así o prefiren. No CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso
tiveron que chegar á 4ª votación para conseguilo. A última votación tivo lugar este pasado luns 28 de maio e, “por fin”, como sinala a ANPA Pondal, terán a xornada continuada no seu centro escolar para o curso que vén.
A votación fíxose conxuntamente co CEIP As Forcadas de Corme, onde tamén se alcanzou a maioría de votos.
No Pondal, dun censo escolar de 155 familias, a participación de 142 delas na votación deixa un resultado de 92 votos positivos e 50 votos negativos chegando así a alcanzar ese 58% positivo necesario para a implantación da xornada continuada.
En Corme, cunha participación do 100%, foron 35 as famiias que votaron pola xornada única por 8 que votaron en contra.
Polo tanto queda implantada a xornada continuada para os dous centros no próximo curso.
https://quepasanacosta.gal/pais-e-nais-dos-coles-de-corme-e-ponteceso-votan-pola-xornada-unica/
https://quepasanacosta.gal/a-anpa-a-granxa-consegue-a-xornada-unica-no-ceip-bergantinos/