Venres. 30.09.2022
El tiempo

Os maiores de Ponteceso póñense a contar

Os maiores de Ponteceso póñense a contar

Fantástico o proxecto de recuperación da tradición oral que acaba de comezar parroquias do Concello de Ponteceso. Un proxecto, "Ponte na fala", que ademais ten unha clara compoñente 2.0 pois recollerá todo ese saber tradicional a través da rede, no seu espazo web pontenafala.wordpress.com.

De aquí ao outubro a Concellaría de Normalización Lingüística e Cultura do Concello de Ponteceso, coa financiación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, seguirá recuperando saber oral. Polo de pronto xa podemos escoitar a Matilde e Benigno, da Limiñoa, que nos conta un curiosa proba de enxeño que podedes intentar descubrir...

Así, a lista de colaboradores non está pechada, e o Concello, a través das asociacións, percorrerá o termo municipal para ir colleitando saberes e falares.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

comentarios