Os maiores recuperaron a memoria en Ponteceso

09:35 03/06/11

Dende o Concello de Ponteceso nos informan de que rematou o obradoiro de memoria para maiores, que o Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso organizou en Corme e no que participaron 15 veciños e veciñas do pobo.
Este obradoiro, impartido pola Técnica de Cultura e psicopedagoga, Mely Amado, incluíu numerosas actividades de estimulación cognitiva, risoterapia, estimulación de habilidades de cálculo e alfabetización.
Este obradoiro leva impartíndose desde o mes de febreiro nas instalacións da Casa do Mar de Corme.
Clausura das Escolas Deportivas

Ademais, hoxe venres 3 de xullo, ás 17:30h tará lugar no Pavillón Municipal de Corme a Clausura das Escolas Deportivas Municipais, con exhibicións, futbolíns, inchables e moitos agasallos.
Novas relacionadas
- Maiores e pequenos ocupan o seu tempo cas actividades en Cabana e Ponteceso.
- O sábado 11 de xuño, baile de maiores en Ponteceso.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso.