Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pecha o Rexistro Civil de Ponteceso por falta do persoal

Casa do Concello de Ponteceso
Casa do Concello de Ponteceso
Pecha o Rexistro Civil de Ponteceso por falta do persoal

Polo de pronto, e ata novo aviso, xa non se poderá solicitar o certificado de nacemento, de matrimonio, ou de defunción no Concello de Ponteceso. Eran algúns dos trámites que se podían realizar na oficina do Rexistro Civil de Ponteceso, que sofre o seu peche por baixas do persoal.

Mentres, os usuarios e os cidadáns que precisen dos servizos do Rexistro poden contactar co Concello de Ponteceso a través do número de teléfono 981 71 40 00 para rexistrar as súas peticións e serán avisados, por orde, cando poidan ser atendidos unha vez restablecido o servizo, amais de contar coa axuda e colaboración da Xuíza de Paz de Ponteceso.

Dende o Concello aseguran que “estamos a traballar, en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, para poder recuperar en parte a actividade do Rexistro”.

Comentarios