Piden a ampliación do IES de Ponteceso
15:07 30/01/23
O Concello de Ponteceso vén de ofrecerlle á Xunta de Galicia un terreo urbano anexo ao IES para a ampliación do Instituto Eduardo Pondal. O solar de 837 m2 e acceso rodado por dúas rúas, pode albergar un edificio de 320 m2 en dúas plantas.
A intención municipal é que o centro poida acoller os novos talleres da especialidade do FP Dual de Grado Superior de Automoción, que agora están moi limitada.
Lembran que o centro conseguiu tamén o ciclo formativo de Atención Socio Sanitaria, único en Bergantiños.
Ademais o Concello de Ponteceso retomará os traballos do consello escolar municipal trala pandemia, que comezará o día 2 de febreiro ás 16:30 horas, no Salón de Plenos do Concello.