Preferente: O Sofán érguese e pelexa a promoción
Agárrase á Promoción o Sofán, tras vencer ao Victoria no Carral. Leva 5 partidos sen perder os de Pablo Torreira, que se quere despedir, despois da caída en Copa e de anunciar a súa marcha a final da temporada, con bo sabor de boca.
Fíxolle un favor ademais o Sofán ao Dumbría, mantendo ao Victoria 4 puntos por debaixo dos dumbrieses, que non foron quen de sacar nada positivo da súa visita ao Negreira (2º).
Sofán - Victoria (4-2)
- Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Iván, Alex Sánchez, Braian, Pablo Parafita, Dani Pena, Marcos Montero, Julián, Iván Pardo. Tamén: Brais, Alexandre, Bruno, Izan, Joel e Iraitz.
- Goles: 1-0, m.11: en propia; 2-0, m.14: Alex Sánchez de cabeza nun córner; 2-1, m.15: Alejandro Varela; 3-1, m.51: Iván pardo; 4-1, m.57: Julián; 4-2, m.77: Dani Lagares.
Partido serio dos de Torreira, que demostra que este equipo sabe erguerse tralas caídas. Os carballeses saían con todo e nada máis comezar Braian avisaban. Aos 10 minutos abrían o marcador cun tanto en propia meta tras un centro de Julián, e pouco despois Alex Sánchez facía o segundo nun córner. Pero o cadro herculino empataba de seguido deixando o partido aberto, nunha primeira metade igualada, con algo máis de presenza carballesa en área rival, e avisando por medio de Marcos Montero.
Na segunda mantivo a presión alta o cadro local, e pronto Iván Pardo facía o seu segundo gol da liga cun bo remate de cabeza. Aproveitou o arreón de confianza o cadro local para seguir empurrando, e se primeiro Marcos avisaba de novo con outro tiro dende lonxe, non tardou Julián e facer co cuarto e sentenciar o partido tras un centro de Alexandre.
No treito final baixaría o ritmo e os locais recurtaban e a piques estiveron de meterse de novo no partido, pero a vitoria non perigou.
Negreira - Dumbría (4-0)

- Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Breixo, Iago Insua, Juan, Sergio, Lucas Toba, Marcote, Toni. Tamén: Isma, Mario, Estévez, Pablo Costa Ramos, Adrián Periscal e Javito.
- Goles: 1-0, m.30: Gonzalo; 2-0, m.55: Adrián Pereira; 3-0, m.67: Joel Lagares; 4-0, m.79: Raúl.
Foron inferiores os dumbrieses a todo un Negreira, un dos cocos da categoría, camiño de volver a ascender. Intentaron facer o seu partido os de Pablo Conde, e o conseguiron durante a primeira media hora, pero o tanto antes do descanso obrigou a abrirse algo máis na segunda e cando estaban algo mellor, xogando en campo contrario, unha contra matou o partido.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.
- X.26: Dous empates para seguir sumando.
- X.27: Mirando os obxectivos en fite.
- X.28: O Betanzos vence en Dumbría e escapa do Sofán.