luns. 25.08.2025
El tiempo

Piden no Parlamento Galego medidas para evitar a erosión dos montes queimados de Ponteceso

O Monte Branco Ponteceso queimado dende Area das Vacas
O Monte Branco Ponteceso queimado dende Area das Vacas
Piden no Parlamento Galego medidas para evitar a erosión dos montes queimados de Ponteceso

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a adoptar, tan pronto se extingan os lumes activos e se garanta a seguridade total de casas e veciñas e veciños afectadas, as medidas necesarias para evitar a erosión dos montes queimados polo lume no Concello de Ponteceso, nomeadamente no Monte Branco, Valarés, Monte Faro e o seu entorno.”

Así reza a iniciativa que vén de presentar o BNG no Parlamento Galego para a rexeneración das zonas afectadas polos lumes que asolaron o Concello de Ponteceso este verán.

O grupo lembra que os vividos a comezos de agosto foron “uns dos lumes máis devastadores dos últimos trinta anos. Son, no momento de redactar esta iniciativa, 500 as hectáreas calcinadas polo lume.

”O dano ao a unha zona coma esta, dun incalculable valor natural, é inmenso.O Monte Branco ardeu por completo, e os montes e o entorno de paraxes como Valarés son hoxe cinza e materia queimada. Terán que pasar anos para que esta zona recupere”.

Por todo isto, o grupo pide “iniciar as tarefas necesarias para evitar a erosión dos montes queimados e permitir así a súa rexeneración no menor ciclo de anos posible”.

Máis novas

Comentarios