Luns. 17.05.2021
El tiempo

Outro pleno longo, tenso e inútil en Ponteceso á espera da moción de censura

Pleno en Ponteceso
Pleno de onte en Ponteceso
Outro pleno longo, tenso e inútil en Ponteceso á espera da moción de censura

Esta pasada noite celebrouse un novo pleno. Máis de 2 horas e medias de discusións, insultos, e acusacións entre un alcalde practicamente só e unha serie de grupos que non se dan unido para realizar unha moción de censura.

O pleno apenas aprobou a moción presentada polos 5 ex edís de goberno, para quitarlle os soldos e as competencias ás dúas concelleiras que quedan ao lado de Carballido. Saíu adiante co apoio dos 5 edís e APIN, e coa abstención dos populares (non puido asistir o voceiro Daniel Froxán por dar positivo).

Carballido volveu traer a extra xudicial de crédito para “pagar facturas” que a oposición leva rexeitando en varias ocasións. Desta volta volveu saír rexeitado, mesmo co voto en contra de APIN, que comprobou que o Concello si ten fondos para pagarlle aos autónomos da zona.

APIN presentou unha proposta para rebaixar os impostos, e iniciouse expediente para obter os informes, como se quedara na comisión de goberno, a pesar do intento do alcalde de levar o asunto a votación para intentar dar por pechada a moción, e provocando un altercado entre o alcalde e a secretaria.

O conceleiro de APIN, Marco Varela facía un chamamento á calma e ao respecto, facendo referencia a aquel escrito que enviara recoñecendo a súa “vergonza” por dar estes espectáculo político. Marco quixo poñer en valor o traballo de APIN, BNG e dos seus ex compañeiros para poñer en marcha o goberno hai 5 anos, e precisamente recoñece estar “moi arrependido de darche o meu apoio en 2015. Enganáchesnos a todos”, sentenza.

Sobre estes plenos, critica que “dende que os retransmite só fai mitins, e ten unha clara intención de insultar e provocar para para poder botar edís fóra e poder sacar adiante as mocións. Parece Cantinflas, fala fala e fala e non din nada”, critica.

Pola súa parte, o voceiro do PP, Daniel García Cotelo, que non puido asistir ao pleno por ter dado positivo de covid, viviu o pleno dende a súa casa metendo as mans á cabeza porque “agora xa é un enfrontamento persoal”. “Pan y circo, xa o facían os romanos cando estaba o pobo axitado: un combate, matamos un par de romanos e punto”, critica con sorna.

comentarios