Martes. 19.03.2024
El tiempo

Marco Varela: “Vergonza”

No marco da crise no goberno de Ponteceso, o edil de APIN, Marco Varela, envíanos este artigo, co que “penso que sentimos moitos veciños (xa non o digo como concelleiro, senon como veciño)”.
Marco Varela: “Vergonza”

Marco Varela e Lois Carballido
Marco Varela e Lois Carballido

”Vergonza”

Si, VERGONZA, é o que sinto nestes días despois de visto ata que punto se pode chegar sen importar a quen fundas, da maneira que o fundas, e menos sen valorar as consecuencias. Con isto non quero dicir que me poña a defender a ninguén senón que é increible ver como está a situación no noso Concello despois de catro anos nos que un tripartito (siii, un tripartito) foi capaz de levar adiante toda unha lexistatura sacando o Concello dunha situación moi difícil e con todos os atrancos que tivemos que ir sorteando e que veña agora un grupo con esta maioria e non sexa capaz de aguantar o primeiro ano.

Pero volvendo ao mesmo, quero dicirlle o Sr. Alcalde, o grupo Socialista (provincial ou quen lle corresponda) que estas non son maneiras de facer as cousas, porque o único o que nos levan é a unha paralización do Concello por trifulcas persoais do Sr. Alcalde cos seus compañeiros de partido, eses que lle axudaron a acadar unha maioría aplastante e que parece que só os quería para esa función. Vainos levar a unha situación insostible, na que claro.. oómo vai sacar presupostos adiante? plenos? obras?... Dígame señor Lois esto é o que quere para o noso Concello? Porque se é así de verdade que cada día estou máis arrepentido de darlle o meu voto aquel 2015.

Vergonza estar todos os días nos xornais, redes sociais, boca a boca en toda comarca, en toda provincia e xa ata nivel nacional por estas falsedades con tal de conservar “o sillón”. Non vale todo señor Carballido, non vale todo… como vostede mesmo dixo na prensa por riba de todo están as familias (que vostede está destruindo), os veciños (que vostede está dividindo), amigos (que xa non son tan amigos),... Se esa é a forma de gobernar, apaga e vámonos, porque eu sinceramente este fin de semana pasada era o que tiña na cabeza, abandonar todo isto porque sinceiramente isto non é de recibo, isto é humillante, pero humillante para o noso pobo. Sentín tanta vergonza (allea) que de verdade que dan ganas de mandar todo a paseo. Pero recapacitando un pouco teño que seguir a pelexar, pelexar por un Concello que merece outra cousa e que creo que entre tod@s podemos conseguir, TEMOS QUE ARRANXAR ISTO polo ben de tod@s, porque é unha vergonza cos tempos que por desgracia corren estar con estas historias que o único que fan e dar marcha atrás outra vez o noso Concello.

Dende aquí, nesta humilde opinión, pidolle a todos e cada un dos implicados como tamén o grupo Socialista que midan ben as consecuencias de todo esto, ata onde nos pode levar, e que dnha maneira ou outra arranxen esto que non nos leva ningún lugar máis ca afundir un pouco máis este noso Concello.

FAGAN SENTIRNOS ORGULLOSOS DO NOSO CONCELLO E NON TER QUE ANDAR DANDO VERGONZA E CASE QUE COA CABEZA AGACHADA. MENOS PRENSA, MÁIS TRABALLAR E SEXAMOS SERIOS QUE A SERIEDADE XA BRILLA POLA AUSENCIA.

  • Marco Varela. Concelleiro de APIN.
 

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios