Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O pleno de Ponteceso aproba o pago de facturas de 2021, 2022 e 2023 a proveedores

  • O pleno, cos votos favorables de PP, PG, AP e PSdeG, e a abstención de BNG e de APIN-ESCO aceptou pór en marcha este recoñecemento extraxudicial de crédito
Pleno do Concello de Ponteceso xuno 2024
O pleno de Ponteceso aproba o pago de facturas de 2021, 2022 e 2023 a proveedores

O pleno deste mércores do Concello de Ponteceso aprobou a execución dun recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 513.373 euros para abonar pagos de facturas de servizos, subministros e gastos correntes de anos anteriores, correspondentes aos exercicios 2021, 2022 e 2023.

A votación chegaba despois da finalización dunha auditoría externa que analizou todas as facturas sen pagar correspondentes aos últimos anos. Este punto da orde do día contou cos votos favorables do Partido Popular, Partido Galego, Adiante por Ponteceso e PSdeG e a abstención do BNG e de APIN- ESCO.
A aprobación desta medida permitirá á administración local pagar a provedores gastos como o subministro da luz, actuacións de mantemento ou recollida de residuos, que son de carácter básico para o funcionamento do municipio. 

Comentarios