Martes. 19.03.2024
El tiempo

O pobo de Corme amosa o seu apoio ao veciño afectado pola “persecución” municipal

O vecino Angel da Baneira apoiado polos seus vecinos
O afectado, Ángel da Baneira, apoiado polos seus veciños
O pobo de Corme amosa o seu apoio ao veciño afectado pola “persecución” municipal

Mañá axitada en Corme. O Concello anunciaba a semana pasada que hoxe, luns 20 de xaneiro, ía proceder á democión dun muro, para poder acceder a unhas obras. Un muro propiedade dun veciño que xa prantou cara ás eólicas e que vén de denunciar a “persecución” co Concello, polo que pedía axuda á veciñanza a través da Asociación de Veciños Eduardo Pondal para parar a execución.

Non botaba atrás á xente á concentración convocada pola entidade para esta mañá o feito de que o Concello anunciase onte a última hora que a demolición non se ía realizar, e foron máis de 40 os veciñ@s que se presentaban ás 9:00h da mañá na zona do camiño privado. Toda unha nova demostración do pobo de Corme, coma sempre facendo unha piña. Foron xentes de todas as cores políticas, mesmo concelleiros da oposición, como o voceiro do PP, Daniel Froxán, os que se presentaban na zona.

Ramon Dourado da A.VV. Eduardo Pondal de Corme

”Como é posible que dean unha licencia para facer unha obra sen ter aprobado a licencia do acceso á mesma?”; pregúntase Ramón Dourado (nesta imaxe), comprometido membro da A.VV. A veciñanza e o propio afectado, Ángel da Baneira, esperan que, “polo menos, o Concello espere a que se pronuncie o xuiz, unha vez que o asunto está no Xulgado”.

Para a Asociación, estes feitos son un asuto “grave, pois poden constituír un precedente de que calquera veciño sexa desposeído da súa propiedade sen ningún dereito á defensa”.

”Isto non acaba aquí”, suspira Antón Vidal, presidente da A.VV..

Novas relacionadas

Comentarios