Pondal tamén Emprende


"Parece cousa de Emprendemento" é o título da nova proposta da Fundación Eduardo Pondal. E vai ser todo un pracer participar como invitados nestas Xornadas de Emprendedurismo Xuvenil que está artellando a entidade. Unha entidade que xa presentou o programa para este outono 2013, e na que destacan dúas xornadas de apoio á mocidade emprendedora de Ponteceso e da Costa da Morte.
E precisamente chegan estas xornadas nun momento ideal para QPC, pois este luns comezamos unha serie de entrevistas con David Lourido centrada nesa mocidade emprendendora.
2 xornadas pola mocidade
A primeira cita será este sábado 28 de setembro, baixo o nome "Mulleres da ribeira baixa do Anllóns", e na que serán protagonistas as bravas mulleres novas do rural bergantiñán.
A seguinte sesión será a do 5 de outubro, e na que participaremos para explicar o devir do proxecto QPC, xa con máis de 6 anos de historia, e moito, moito futuro. Explicaremos nunha mini exposición como evoluciona o diario, e compartiremos mesa con pesos pesados como Alejandro Lamas de Sixtema ou Adrián Varela de VdeValarés.
Programa de Outono da FEP

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).