#6anosQPC


Pois si, xa van 6 anos informando na Costa da Morte. Non é que esteamos moi atentos a estas datas, a verdade, e de feito o verdadeiro aniversario deberíamolo ter celebrado o 27 de xullo, pois foi un día como ese cando aló polo 2007 se publicaba a primeira nova no antigo.quepasanacosta.gal.
En todo caso, aproveitamos para darvos as gracias por seguir confiando en QPC, por seguir entrando cada día no noso diario, por seguirnos a través das redes sociais... I é que este curso está sendo importante para QPC. Ademais de entrar entre as 100 webs máis lidas de Galicia, competindo con xigantes, e refrendándonos como o primeiro portal comarcal do país, os números seguen abalándonos como referencia informativa. Máis de 2.000 visitantes diarios, máis de 12.000 siareiros polas redes sociais, un grupo de máis de 100 informadores... Todo unha #ComunidadeQPC!
Este novo curso comezamos con moita ilusión, e a proposta do #AlbumdaCosta é un dos nosos máis ambiciosos proxectos. Non imos descrubir agora a relevancia do Fútbol da Costa na bisbarra, e sen lugar a dúbidas, QPC é o máximo expoñente informativo do deporte rei na Costa da Morte.
Aquí seguiremos, ao outro lado da pantalla! E se queredes formar parte da nosa rede de informadores, non tendes máis que poñervos en contacto con nós en info@quepasanacosta.gal, que seredes totalmente benvidos!
Novas relacionadas
- QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia.
- Gran expectación arredor do #AlbumdaCosta.
- Un bo ano para os medios en galego.
- QPC: 5 anos informando na Costa da Morte.
Máis novas QPC
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).